Oito e até nove xogadores, máis outros tres no banquiño, aos que ao Barça só lle faltóu dar a teta, formaban onte na equipa máis equipa de futebol que se pasea polos relvados de Europa.
Da porta a ponta. Con dous motores de fabrico proprio, que carburan ainda millor do que xa o facía o trimotor de pasadas temporadas. Agora está claro que, xa bem rodados Xavi e Iniesta, sobraba o motor luso-brasileiro Deco, depóis de ter gripado. Pero, máis aló diso, son só uma mostra da fábrica blaugrana. A excelencia dos seus motores, moveu, e está a mover tambén a outras equipas. Algúns sustraidos do taller antes de comezar a rodar, coma Cesc. Eles. Xavi e Iniesta, representan a continuidade dos Milla, Guardiola, de la Peña, O Barça manexa grandes recursos para elo, certo. Pero outros, podendo, non o fan. O Barça, e non é cousa de dous días, ten vocación de excelencia no deporte, que non só de éxito, como ninguén máis.
Dicen ser máis máis que un clube. Uma maneira de expresar, na miña opinión, o carácter de símbolo identitario de Catalunya que, se ou lle atribúen. Ao meu ver, a asunción dise compromiso, cun sentido de responsabilidade derivado em obriga social, alimenta o seu degrau de autoesixencia no quefacer deste clube de futebol. Só equiparabel, desde outros parámetros, ao do Athletic de Bilbao.
Ésta dimensión extra deportiva da súa proxección, é o que se lles reprocha, gratuita e xeneralmente, desde alargados sectores de opinión fora de Catalunya, País Basco, em parte Galiza, e pouco máis. Maiormente pola casi totalidade dos medios que a difunden ou a publican. Ao igoal que ao Athletic de Bilbao non se lle perdoa, considerano reprobable, a súa autoimposición de nutrirse únicamente de xogadores vascos. Algo que, paradóxicamente, reclaman como desexabel e virtuoso para o resto de clubes de outras comunidades.
Ese mesmo carácter de símbolo identitario, non explicitado máis que nos triunfos, é atribuido ao Real Madrid. Neste caso, porem, considerase lexítimo 'porque españoles somos todos'. E esta identidade por extensión suprime ou nega outras de 'rango inferior' non sustentadas en espazos xeográficos non dotados, nen configurados, como realidades políticas equiparabeis.
Sen embargo éste último clube, deportivamente, sustentase na ostentación de poderío económico, as veces máis exhibido que real -todo o futebol é, escandalosamente, deficitario-, que lle permitiría comprar aos millores do mundo a calqueira prezo. "Todos los mejores jugadores del mundo interesan al Real Madrid", non se cansan de repetir, especialmente Florentino Perez, a quén o diñeiro catapulta, sempre que o desexa, a presidencia do Real Madrid. Ainda que teñan que recurrir a facer ofertas a xogadores con contratos vixentes de outros clubes, as espaldas dos mesmos, o que lle ten ocasionado queixas subidas de tono das equipas afectadas. Por falar só dos últimos tempos, Milan, Inter, Manchester e mesmo o Valencia. Se no camiño se cruza o Barça, millor que millor, por canto así se cubren máis obxectivos: fortalecemento proprio a costa de debilitar ao rival, e de paso erosionar o seu poder simbólico para 'desafectos' a úneca identidade merescente de consideración .
E no seu caso, mentras os resultados non evidencian o contrario, a excelencia deportiva, sexa real ou ficticia, e proclamada a cotío aos catro ventos mediante ruido mediático, até extremos ridículos. Así, agora mesmo, dícese do porteiro do Barça, Valdés, que é un mal porteiro (34 goles recibidos), e de 'san' Iker Casillas (50 goles) que é 'el mejor portero del mundo'. Pero é tradicional. Paradigmático é o caso de Raúl para quen, durante bastantes anos se reclamóu a acreditación de millor xogador de Europa cando non do mundo, sen que, fora de España, se lle recoñecera, nen de lonxe, mérito algún para élo. Máis ainda, levan anos eisixindo a súa titularidade na selección española até o ponto de manter uma auténtica cacería do seleccionador Luis Aragonés, que algo de eso entende, por excruilo. Aconteceu algo parecido cando o era Clemente por non convocar a Michel. Outros antes que eles foron, tambén, elevados ao Olimpo futbolístico polos medios españoles. Eu agora lembro a Gallego, Pirri, o mesmo Butragueño e a súa 'quinta del Buitre' que nunca alcanzaron recoñecimento ou suceso de relevancia fora das proprias fronteiras.
Para concluir, a min, coma observador, só me resta felicitar ao FC Barcelona, e compartir con gosto a alegría de quenes a exteriorizan a voces:
" VISCA EL BARÇA, VISCA CATALUNYA".
Acaba de abrir o programa de deportes da noite da SER presentando a Florentino Pérez, candidato a presidencia do Real Madrid. As primeiras preguntas:
ResponderEliminarSER : ¿Le gustaría tener a Messi en el Madrid ?
F. Pérez : A cualquier equipo le gustaría.
SER : ¿Le gustaría tener a Iniesta?
F. Pérez : Es un gran jugador. A cualquier equipo le gustaría tenerlo en su equipo.
SER : ¿Hoy sería posible una operación como la de Figo ?
F. Perez : Los jugadores en España están vinculados a sus clubes por un contrato.
La cláusula de rescisión forma parte de ese contrato.
SER : ¿Vd. vió anoche la final de la Champión?. ¿Se alegró de la victoria del Barcelona ?.
F. Perez : Bueno, abstrayendonos de la pasión, es bueno que gane un equipo español.
SER : Repite la pregunta en términos parecidos.
F. Pérez : Repite la misma respuesta.
SER : ¿Qué jugador le gustó más ? .
F. Pérez : Xavi.
SER : ¿Ese que cláusula de rescisión tiene ?.
F. Pérez : Yo ahora tengo por delante presentarme a las elecciones del Real Madrid.
SER : ¿No le asusta el Barcelona ?.
F. Pérez : Nosotros somos capaces de construir un equipo espectacular.
SER : A Vd. le acusan de haber hecho un equipo para vender camisetas.
F. Pérez : Nosotros hemos construido un proyecto económico-deportivo que nos ha hecho lideres mundiales en lo
económico y lo deportivo. Vamos a ver, El Madrid es lo que es hoy gracias a Alfredo Di Stefano
El Madrid es muy potente. Tiene una fortaleza terrible, y confunde a todos. Y a Fernando Martín le confundió
ser presidente del Real Madrid.
(Non sigo escoitando)
Apareceu ontem pubricado na prensa a noticia que pego a seguir, que pon en evidencia o proceder do Real Madrid con xogadores con contrato con outros clubes.
ResponderEliminarDavid Villa marca el camino para su fichaje
28/05/2009 - 10 h 38 - Ivan Vargas
David Villa, consultado sobre una posible marcha al conjunto merengue, el asturiano destacó que « La oferta del Real Madrid hacia mí no sirve, se la tienen que hacer al club. Tengo contrato cinco años con la camiseta del Valencia y saldré de aquí si el club decide que cambie de aires ».